Casa de planta baixa en venda no concello de Castro de Rei, situada nun contorno tranquilo e rural, ideal para aquelas persoas que buscan unha vivenda lista para entrar a vivir e rodeada de natureza.
A propiedade conta cunha vivenda de aproximadamente 106 metros cadrados, en boas condicións de conservación e totalmente habitable, polo que non precisa dunha reforma importante.
No seu interior dispón dunha ampla e luminosa cociña, equipada con cociña de leña, que lle achega un carácter acolledor e tradicional, un salón-comedor, catro dormitorios, un baño completo e un aseo. A casa conta tamén con calefacción, garantindo comodidade durante todo o ano.
No exterior dispón dun garaxe independente e dunha ampla finca duns 1.300 metros cadrados, un dos principais atractivos da propiedade. Trátase dunha superficie que ofrece múltiples posibilidades, tanto para desfrutar dun amplo espazo privado como para crear unha horta, manter animais, aproveitar o terreo ou simplemente gozar da tranquilidade e do contacto coa natureza.
Unha propiedade ideal para quen busca unha casa independente, habitable e con unha extensión de terreo, nun entorno tranquilo de Castro de Rei e rodeada de espazo e natureza. Unha casa para vivir e desfrutar.
Conta con calefacción de gasóleo, e pozo de auga.
MEL Inmobiliaria. ¡Inmobiliaria rural, vendemos moito máis que casas!
106 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.