En MEL Inmobiliaria presentamos esta interesante propiedade situada na rúa Xeral, no centro de A Pontenova, unha localización privilexiada que permite gozar da comodidade de ter todos os servizos da vila ao alcance da man.
Trátase dunha casa de aproximadamente 457 m² construídos, distribuída en planta baixa, dúas plantas destinadas a vivenda ou apartamentos e un baixo cuberta actualmente aproveitado como almacén. A propiedade conta ademais cun garaxe anexo de planta baixa destinado actualmente a comercio, o que ofrece múltiples posibilidades tanto para manter unha actividade comercial como para adaptalo a garaxe, local ou outro uso segundo as necesidades do futuro propietario.
A edificación, construída principalmente en ladrillo e formigón, conta no baixo cuberta con estrutura de madeira e cuberta de lousa, conservando elementos propios da arquitectura tradicional da zona. A casa precisa rehabilitación, pero precisamente o seu estado actual permite proxectar unha reforma integral e deseñar os espazos ao gusto, aproveitando todo o potencial que ofrece.
Unos dos grandes atractivos desta propiedade é a súa ampla finca situada na parte traseira da casa, con aproximadamente 350 m², un auténtico privilexio en pleno núcleo urbano. Un espazo perfecto para crear un gran xardín, un horto, unha zona de lecer ou simplemente para gozar da natureza e da tranquilidade sen renunciar a vivir no centro da vila.
Unha propiedade con gran potencial, tanto para crear unha ampla vivenda familiar como para desenvolver varios apartamentos, combinar vivenda e actividade profesional ou mesmo realizar un proxecto de rehabilitación con diferentes posibilidades de aproveitamento.
Centro de A Pontenova, todos os servizos ao pé da casa e 350 m² de terreo: unha combinación difícil de atopar.
Unha casa para rehabilitar, sí, pero tamén unha oportunidade para crear o proxecto que sempre imaxinaches.
457 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.