Desde MEL INMOBILIARIA presentamos este baixo comercial de aproximadamente 70 metros cadrados, situado en Meira, unha vila cunha importante actividade comercial e que funciona como auténtico punto de referencia para as aldeas e núcleos da contorna, onde os veciños acoden habitualmente para realizar as súas compras e xestións.
O local conta cunha boa situación e unha superficie moi versátil, polo que resulta ideal para aquelas persoas que estean pensando en iniciar un pequeno negocio, establecer un comercio ou trasladar a súa actividade a unha vila dinámica e con servizos para toda a comarca.
Ata hai moi pouco tempo, o local estivo ocupado por unha carnicería, polo que xa conta cun pasado comercial e cun espazo que pode ser adaptado para diferentes tipos de actividade. Actualmente atópase libre e preparado para que lle deas a túa propia volta, o deseñes ao teu gusto e convertas estes 70 m² no negocio que sempre tiveches en mente.
Un espazo perfecto para emprender en Meira, nunha contorna rural con actividade comercial e cunha clientela potencial que vai máis alá da propia vila. Ademais, atópase a tan só 30 km de Lugo, o que permite combinar a tranquilidade e o carácter próximo de Meira cunha boa conexión coa cidade.
Se estás buscando un local para comezar unha nova etapa profesional, esta pode ser a oportunidade que estabas esperando.
72 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.