Inmobiliaria

Casa Casa en Martín (Baleira)

Descrición xeral breve

Trátase dunha vivenda situada no pobo de Martín, Baleira, un lugar idílico rodeado de natureza.

A edificación conta coa pedra e a madeira como materiais principais na súa construción.

A vivenda ten 142 m2 de planta baixa e 148 m2 na planta superior. No seu interior encóntrase distribuída da seguinte forma:

Na planta baixa, encóntrase o salón amoblado e con chemina, a cociña posta a punto e con electrodomésticos, un baño, a bodega e un porche que serve para gardar leña e onde se encontra o forno de cocer.

Na planta superior, hai unha sala de estar, un baño amplo, un aseo, un comedor grande e catro dormitorios.

Cabe destacar que a vivenda no seu conxunto conta con instalación de auga, luz, gas e ten conexión para teléfono e cobertura de internet. Non ten calefacción nin se observan humidades.

No exterior da vivenda, na fachada, destacan as paredes de pedra e as fiestras, balcóns e portas de madeira. O tellado está en boas condicións.

A propiedade conta con un xardín anexo á vivenda, unha zona acomodada para o descanso e o ocio, perfecta para facer uso dela no verán. Posúe tamén un terreo plantado de carballos, moi próximo á vivenda que pode surtir á casa de combustible para as súas chemineas, fornos e cociñas.

 

2

290 m²

4 Dormitorios

2 Baños

Descrición xeral das funcións

  • Amueblado
  • Internet
  • Xardín
  • Agua
  • Luz
  • Rede de teléfono
  • Gas

Localización

Praza Maior, 12. Meira

Contacto

Tlf: 982 330 131

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.