Inmobiliaria

Casa Casa en Piñeiro (O Corgo)

Descrición xeral breve

Nas parroquias do Corgo existen casas de pedra que son ideais para realizarlles unha restauración e convertilas nun fogar. É o caso deste inmoble, situado na parroquia de Piñeiro, concretamente no lugar de Quetesende.

Dita vivenda chama a atención polas súas grandes dimensións, pola pedra empregada na construción e pola finca que a rodea, acompañada dos alpendres empregados antigamente como almacéns para gardar colleitas e maquinaria.

Dende o seu exterior intúese, máis ó entrar no seu interior comprobamos que se trata dun inmoble que durante anos estivo moi coidado. Foi unha casa con moito encanto e que aínda na actualidade te transporta até outra época.

Esta vivenda ten 310 metros cadrados divididos en dous andares. No primeiro encóntranse, as antigas cortes, despensas e a cociña e no segundo andar os dormitorios, o salón e o comedor.

Conta con unha aira anexa a vivenda e con alpendres, útiles nas labores do campo antigamente. No frontal da casa, observamos nas imaxes un pequeno xardín que enche de vida á casa.

2

310 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.