No mellor da Pastoriza, en fronte ó Concello, un edificio enteiro, en obra, pendente de rematar.
Trátase dunha edificación de 595 metros cadrados de superficie gráfica distribuída en tres plantas.
Na planta baixa atopamos un local comercial ata o momento en activo e conta con 219 metros cadrados. As plantas superiores obradas con intención de realizar vivendas, teñen unha superficie de 188 metros cadrados. O andar primeiro está tabicado e contén unha terraza baixo cuberta. O segundo andar é idéntico ó primeiro pero non está dividido.
Existe a posibilidade de que o propietario actual constrúa nunha finca contigua a esta parcela 4 prazas de garaxe, coa intención de cubrirlle ós pisos esta necesidade.
As prazas terían un coste a maiores no caso de executarse a obra. Cada praza valería 5.000 euros.
A edificación é do ano 2011, e ponse a venta neste momento porque A Pastoriza ten demanda de vivendas para alugar ou mercar.
Ti buscas casa? Céntrica? Neste Concello?
A mellor das opcións, esta!
Infórmate!
3
595 m²
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.