Inmobiliaria

Local comercial Baixo comercial en Meira

Descrición xeral breve

No centro da vila meirega, nun lugar idóneo para montar un negocio encóntrase este local comercial.

Conta con 206,90 m² e localízase nunha das rúas máis importantes do núcleo.

Foi destinado durante moitos anos a taller, máis agora encóntrase como almacén e garaxe.

A reforma que se debe facer actualmente é cuantiosa pero é un local cómodo, accesible, vistoso e amplo.

Meira é un lugar onde prospera a vida comercial dun entorno rural, acolle todo tipo de negocio facendo que os veciños de aldeas contiguas se acheguen a mercar e auto abastecerse.

Se ti buscas emprender ou trasladar o teu local comercial, esta pode ser unha boa oportunidade.

Infórmate!

207 m²

Localización

Praza Maior, 12. Meira

Contacto

Tlf: 982 330 131

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.