Inmobiliaria

Casa Casa en A Casanova (Meira)

Descrición xeral breve

Véndese casa e finca en Meira, concretamente no barrio de A Casanova, a 1,5 km do centro da vila.

É unha edificación tradicional de pedra que consta de dúas vivendas anexas na mesma estructura. Unha delas é un apartamento pequeno, mentres a outra é unha casa con dimensións maiores. Unha casa ben fermosa que namora a súa situación e o estado no que se encontra. Ti que andas a buscar? Presta atención, porque é unha gran alternativa esta casa!

A vivenda completa conta con 269 metros cadrados construídos e divididos en dous andares, dous garaxes, grandes, un pórche e unha finca anexa de 6.000 metros.

En canto ó apartamento pequeno ten a seguinte organización:

Na planta baixa encontramos a cociña, un salón e un aseo, e na planta superior hai un dormitorio e un baño completo. Estancias recén habilitadas cun encanto especial, xa que conta coa pedra á vista en todo o interior.

A outra vivenda ten 114 metros cadrados, divididos do seguinte xeito:

Na planta baixa encóntrase a cociña, amoblada e totalmente acondicionada. É unha cociña tradicional galega. Tamén unha ampla despensa, un salón-comedor e un baño con ducha.
Dende a entrada, e subindo as escaleiras, chegas ó seguinte andar, onde se sitúan 4 dormitorios e un baño completo.
A casa está pintada de novo.

Desta volta mercas unha casa que vale doble, xa que nunha mesma edificación son dúas vivendas.
Conta con calefacción. Tamén traída de auga individual, sen necesidade de ser a do concello, sendo así gratuita.

Sitúase nun entorno espectacular, rodeado de natureza e nun espazo tranquilo. Se buscas unha vivenda preto de todos os servizos, pero ó mesmo tempo un pouquilo apartada, esta é unha opción moi valorable!

269 m²

Descrición xeral das funcións

  • Cociña de leña
  • Xardín

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.