Inmobiliaria

Casa Casa na Rigueira (A Pastoriza)

Descrición xeral breve

Alugar unha vivenda na Rigueira son todo vantaxes!

A casa anunciada encóntrase totalmente equipada no seu interior e as dependencias están acondicionadas para que os interesados entren a vivir de inmediato.

A vivenda conta con dúas plantas, na planta baixa atopamos a cociña, un baño completo, o salón, o comedor e a despensa.

Na planta superior, hai cinco dormitorios e un baño.

A casa ten unhas dimensións de 212 metros cadrados na súa totalidade, 202 metros de vivenda, 5 de porche, na entrada e 5 de almacén, onde se localiza o depósito do gasóleo e a caldeira.

Trátase dunha casa datada de 1959, pero foi no 2010 cando se fixo unha reforma íntegra. Ten placa, encóntrase lousada de novo e conta con calefacción. Tamén existe a posibilidade de garaxe e un anaco de terra para traballar ó lado da vivenda.

Encóntrase nun lugar ideal para levar unha vida tranquila, onde os nenos poden medrar xogando e rodeados de natureza, ou mesmo onde os animais son libres.

PREZO DE ALUGUER: 400€/mes

212 m²

5 Dormitorios

2 Baños

1 Garaxe

Descrición xeral das funcións

  • Garaxe
  • Amueblado
  • Calefacción
  • Finca
  • Caldeira de gasoil

Localización

Praza Maior, 12. Meira

Contacto

Tlf: 982 330 131

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.