DISPOÑIBLE A PARTIR DE SETEMBRO DE 2022.
Buscas vivenda en Meira? Seguro que esta opción che encaixa!
Trátase dun inmoble situado no barrio de Cabana a 5 minutos da vila. É unha vivenda pequeniña e moi acolledora, con todos os servizos dispoñibles para aquel que entre a disfrutar dela.
É unha edificación de planta baixa, con moita luminosidade e repartida da seguinte forma:
- Cociña tradicional, con banco de madeira e cociña económica.
- Dous dormitorios cómodos e amplios.
- Salón, un lugar esencial dentro da vivenda, confortable e placenteiro.
- Baño completo, con xanela, lavadora e secadora.
Conta con calefacción de gasoil, tendedeiro, praza de garaxe e un fermoso xardín ó arredor da casa.
Cabana é un lugar ideal onde vivir, onde a natureza está presente e as vistas á Serra son de escándalo!
PREZO DE ALUGUER: 350€/mes
50 m²
2 Dormitorios
1 Baños
1 Garaxe
Praza Maior, 12
27240 Meira, Lugo
982 330 131
689 13 81 34
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.