Inmobiliaria

Casa Casa en O Mazo, Ferreiravella (Riotorto)

Descrición xeral breve

Casa do rural na provincia de Lugo? Esta!

Preséntovos un inmoble que necesita unha reforma integral. É unha casa datada de 1890 con reformas actuais no tellado e nas xanelas, reformas feitas no ano 2000.

É unha edificación de doble altura. Conta con 4 dormitorios e 1 baño completo no segundo andar, mentres que no primeiro só ten a cociña e as antigas cortes. Estas alturas están conectadas por escaleiras.

A superficie construída é de 165 metros cadrados, incluído vivenda e garaxe. A maiores a casa véndese con finca anexa e con un pendello onde antigamente estaba o forno do pan. Dito lugar actualmente está en ruinas.

A finca agraria que se vende ten unhas amplitude de 3.741 metros cadrados.

Sabes que?

Este inmoble ubícase no paraiso rural, onde a vida discorre tranquila e as horas pasan amodiño.

Un lugar onde tes intimidade ó mesmo tempo que non te sintes só.

A vila está a 10 minutos en coche. E alí poderás encontrar todos os servizos e tendas á túa disposición.

Encaixa isto no que buscas? Infórmate.

PREZO DE VENTA: 45.000€

METROS CADRADOS DA VIVENDA: 165 METROS

METROS CADRADOS DA FINCA: 3.741 METROS

165 m²

4 Dormitorios

1 Baños

1 Garaxe

Localización

Praza Maior, 12. Meira

Contacto

Tlf: 982 330 131

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.