Inmobiliaria

Casa Casa en Vale (Riotorto)

Descrición xeral breve

Véndese casa e finca no Concello de Riotorto, Lugo. Un marabilloso lugar coñecido por os seus ferreiros e as súas forxas, nun lugar envexable e harmonioso onde levar unha vida tranquila é posible.

Nesta publicación presentamos unha vivenda situada no lugar de Vale,a escasamente dous minutos en coche de Riotorto e que foi construída no 1978.

A vivenda conta con 664 metros cadrados, divididos en planta baixa, primeiro andar e baixo cuberta.

Na planta baixa encontramos, cociña ampla, amoblada, con banco de madeira, electrodomésticos e cociña económica. Tamén temos un baño completo con ducha, unha despensa e o acceso dende a o interior ó andar superior, e as antigas cortes.

Na planta superior encontramos, cinco dormitorios amoblados , un comedor e un baño completo.

O baixo cuberta actualmente está destinado a
almacén. O lousado está en bo estado.

Dita casa conta, con alpendres, con unha corte para gando a cal se podería arranxar dando un garaxe marabilloso e cunha forxa. Tamén anexa á vivenda hai unha finca de 3.452 metros cadrados.

Esta é unha oportunidade marabillosa de vivenda para mercar, xa que conta con moitas vantaxes: Vale está a 40 minutos en coche de Lugo, capital de provincia, a 2 de Riotorto, e a 15 de Meira.

Ten un prezo inmellorable.

PREZO DEVENTA: 69.000€

664 m²

5 Dormitorios

Localización

Praza Maior, 12. Meira

Contacto

Tlf: 982 330 131

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.